Hai camiños que se percorren cos pés… e outros que se viven coa alma
Case 400 quilómetros de fe, natureza e cultura compartida entre Portugal e Galicia.
A Vía Mariana Luso-Galaica é a única peregrinación que conecta os grandes
santuarios marianos do noroeste ibérico: dende o Sameiro de Braga ata a Virxe da
Barca en Muxía, alí onde a terra se rende ao Atlántico
Un percorrido que non só se camiña, senón que se sente en cada paso
A que esperas para comezar a túa Vía Mariana?
Un inicio que impresiona.
Este tramo mergúllate no verde intenso de Portugal e na beleza da pedra traballada.
O camiño nace entre a grandeza dos seus santuarios, avanzando entre viñedos e
aldeas que gardan a esencia das súas raíces.
Aquí a Vía transfórmase.
Ao cruzar o Miño, o percorrido gaña profundidade: é a terra da auga, dos pontes
medievais e da Galicia máis auténtica. Un camiño que conecta coas Rías Baixas e se
adentra cara ao interior, elevándose entre mosteiros e espiritualidade.
O tramo final convértese nun auténtico encontro coa calma e a espiritualidade. A devoción mariana acada aquí a súa máxima expresión, nunha viaxe que, transforma a quen a percorre antes de chegar ao seu destino final: Muxía, onde todo cobra sentido.
A Vía Mariana en imaxes
DESCARGA A
GUÍA INTERACTIVA
Descubre o itinerario e o patrimonio da Vía Mariana Luso-Galaica a través desta infografía interactiva
Descárga e explora os iconos para ver máis información sobre cada etapa

Noticias
Nace unha gran ‘Vía Mariana’ entre Galicia e Portugal
Detrás da idea desta gran «Vía Mariana» luso-galaica, que nace con personalidade propia como proxecto único e singular, dinamizador social, cultural e económico.
25 de Xuño de 2017

Noticias
Un roteiro de peregrinación une os santuarios de Galicia e Portugal
Viu a luz o sábado pasado no santuario da Franqueira Vía Mariana é un novo roteiro de peregrinación entre Galicia e Portugal.
24 de Xuño de 2017











