Trazado

O itinerario do Camiño Feminino

A Vía Mariana Luso Galaica é un itinerario de perergrinación que conecta natureza, patrimonio e espiritualidade nun percorrido único entre Galicia e Portugal. Trátase dunha experiencia transformadora, íntima e alternativa aos camiños masificados. 

Entre Braga e Muxía, a Vía Mariana Luso Galaica percorre a antiga Gallaecia por camiños históricos que atravesan montañas, vales, ríos e aldeas onde a tradición segue viva. A ruta ábrese paso entre a auga e a terra a través de pontes, cruceiros e petos de ánimas. 

A Vía é tamén un camiño cara ao interior. Sen présa e sen masificacións, en silencio e en contacto coa natureza, cada persoa peregrina vive o seu propio proceso. Porque non se trata de chegar a ningún sitio, senón de atoparse a un mesmo. 

Descobre o percorrido

A Vía Mariana é un itinerario que une fe, cultura e paisaxe ao longo de case 400 quilómetros entre Braga e Muxía.

O seu trazado está pensado para desfrutar da contorna a un ritmo pausado, atravesando concellos emblemáticos, montes de gran valor ecolóxico e os vellos camiños tradicionais que conectan os principais santuarios marianos do territorio.

Etapas e sinalización

O percorrido divídese en diversas etapas adaptadas a todo tipo de sendeiristas, perfectamente sinalizadas para garantir un avance seguro e accesible.

Cada tramo ofrece unha experiencia única, onde o patrimonio histórico e a devoción popular se funden coa tranquilidade da natureza.

Tamén hai lugares que serán un reto, como atravesar os Montes da Paradanta e a Serra do Suído.

Etapas

Portugal

VM 00

Sra. do Sameiro - Braga

VM 01

Braga - Goaes

VM 02

Goaes - Ponte da Barca

VM 03

Ponte da Barca - Soajo

VM 04

Soajo - Senhora da Peneda

VM 05

Sra da Peneda - Melgaço

Pontevedra

VM 06

Melgaço - Arbo - Parada de Achas

VM 07

Parada de Achas - A Franqueira - Lamosa - Covelo

VM 08

Covelo - Barciademera - Estacas/Bustelo

VM 09 - 10

Estacas - Aguasantas - Cotobade - Campo Lameiro

VM 11

Campo Lameiro - Milagros de Amil - Moraña - Cuntis

VM 12

Cuntis - Valga - MILAGROS de REQUIEN - Herbón - Padrón

A Coruña

VM 13

Padrón - Esclavitude - Teo

13A: Santiago de Compostela

13B: Padrón - Esclavitude - Teo - Los Angeles - Brión - Ponte Maceira

VM 14

14A: Santiago (13A) - Ponte Maceira (13B) - A Baña

VM 15

A Baña - Sta Comba - Zás

VM 16

Zás - Vimianzo

VM 17

Vimianzo - Muxía - Santuario da Barca

Mapa

A túa guía no camiño

Explora o itinerario paso a paso e planifica a túa experiencia