Que é a Vía Mariana?

Un camiño entre Portugal e Galicia para
sentir, descubrir e conectar

Un camiño entre Portugal e Galicia para sentir, descubrir e conectar

A Vía Mariana Luso-Galaica é un itinerario cultural e espiritual que une o norte de Portugal e Galicia a través dun percorrido cheo de paisaxe, patrimonio e tradición.
Preto de 400 quilómetros que conectan Braga con Muxía, seguindo antigos caminos históricos que durante séculos uniron comunidades, lugares de devoción e espazos naturais únicos.

Un percorrido que vai máis alá de camiñar

Ao longo da ruta, a Vía Mariana enlaza algúns dos principais santuarios marianos do noroeste peninsular, tanto en Portugal como en Galicia.

Estes lugares, profundamente vencellados á cultura popular e ás romarías, dan sentido a unha experiencia que invita a:

  • Deter o paso
  • Coñecer o territorio
  • Falar coa xente do lugar
  • Descubrir un rural auténtico 
  • Gozar da natureza, o patrimonio e a espiritualidade

Un camiño aberto e flexible

A ruta pode realizarse de maneira bidireccional:

  • Dende Nosa Senhora do Sameiro (Braga) ata Nosa Señora da Barca (Muxía), ou ao revés

 

Un percorrido que atravesa aldeas, vales, ríos e serras, ofrecendo:

  • Servizos de proximidade
  • Aloxamentos rurais
  • Produtos locais

 

Todo pensado para enriquecer cada etapa da viaxe

Para quen é a Vía Mariana?

Un Camiño para todos e todas:

  • Peregrinos e peregrinas
  • Viaxeiros e viaxeiras culturais
  • Familias afeccionadas ao sendeirismo
  • Persoas que buscan descubrir o territorio con calma

Unha invitación a camiñar sen présa

A Vía Mariana é moito máis ca unha ruta.
É unha experiencia que combina natureza, espiritualidade e cultura viva
Un camiño para descubrir, sentir e lembrar

Desfruta dunha vía única e déixate levar

Os Santuarios

Ao longo deste itinerario de fe e natureza, a Vía Mariana conecta emblemáticos santuarios marianos que gardan séculos de devoción, historia e patrimonio cultural a cada paso. 

O patrimonio que ofrece a Vía Mariana é a memoria do territorio que mantén viva unha tradición ancestral única. Os santuarios son moito máis que os puntos que marcan van marcando a ruta, son lugares destacados onde dar sentido á viaxe interior que supón esta experiencia.

Santuarios en imaxes

A Caniza, Pontevedra

Santuario de Santa María
de A Franqueira

Bastavales, A Coruña

Igrexa de San Xulián de Bastavales

Padrón, Pontevedra

Santuario da Virxe da Escravitude