VIA MARIANA O CAMIÑO FEMININO A TÚA RUTA A TÚA RUTA VIA MARIANA O CAMIÑO FEMININO A TÚA RUTA VIA MARIANA O CAMIÑO FEMININO

Hai camiños que se percorren cos pés… e outros que se viven coa alma

Case 400 quilómetros de fe, natureza e cultura compartida entre Portugal e Galicia.
A Vía Mariana Luso-Galaica é a única peregrinación que conecta os grandes
santuarios marianos do noroeste ibérico: dende o Sameiro de Braga ata a Virxe da
Barca en Muxía, alí onde a terra se rende ao Atlántico

Un percorrido que non só se camiña, senón que se sente en cada paso

A que esperas para comezar a túa Vía Mariana?

Un inicio que impresiona. Este tramo mergúllate no verde intenso de Portugal e na beleza da pedra traballada. O camiño nace entre a grandeza dos seus santuarios, avanzando entre viñedos e aldeas que gardan a esencia das súas raíces.
Aquí a Vía transfórmase. Ao cruzar o Miño, o percorrido gaña profundidade: é a terra da auga, dos pontes medievais e da Galicia máis auténtica. Un camiño que conecta coas Rías Baixas e se adentra cara ao interior, elevándose entre mosteiros e espiritualidade.

O tramo final convértese nun auténtico encontro coa calma e a espiritualidade. A devoción mariana acada aquí a súa máxima expresión, nunha viaxe que, transforma a quen a percorre antes de chegar ao seu destino final: Muxía, onde todo cobra sentido.

A Vía Mariana en imaxes

DESCARGA A
GUÍA INTERACTIVA

Descubre o itinerario e o patrimonio da Vía Mariana Luso-Galaica a través desta infografía interactiva
Descárga e explora os iconos para ver máis información sobre cada etapa