Trazado
O itinerario do Camiño Feminino
A Vía Mariana Luso Galaica é un itinerario de perergrinación que conecta natureza, patrimonio e espiritualidade nun percorrido único entre Galicia e Portugal. Trátase dunha experiencia transformadora, íntima e alternativa aos camiños masificados.
Entre Braga e Muxía, a Vía Mariana Luso Galaica percorre a antiga Gallaecia por camiños históricos que atravesan montañas, vales, ríos e aldeas onde a tradición segue viva. A ruta ábrese paso entre a auga e a terra a través de pontes, cruceiros e petos de ánimas.
A Vía é tamén un camiño cara ao interior. Sen présa e sen masificacións, en silencio e en contacto coa natureza, cada persoa peregrina vive o seu propio proceso. Porque non se trata de chegar a ningún sitio, senón de atoparse a un mesmo.
Descobre o percorrido
A Vía Mariana é un itinerario que une fe, cultura e paisaxe ao longo de case 400 quilómetros entre Braga e Muxía.
O seu trazado está pensado para desfrutar da contorna a un ritmo pausado, atravesando concellos emblemáticos, montes de gran valor ecolóxico e os vellos camiños tradicionais que conectan os principais santuarios marianos do territorio.
Etapas e sinalización
O percorrido divídese en diversas etapas adaptadas a todo tipo de sendeiristas, perfectamente sinalizadas para garantir un avance seguro e accesible.
Cada tramo ofrece unha experiencia única, onde o patrimonio histórico e a devoción popular se funden coa tranquilidade da natureza.
Tamén hai lugares que serán un reto, como atravesar os Montes da Paradanta e a Serra do Suído.
Etapas
Portugal
VM 00
Sra. do Sameiro - Braga
VM 01
Braga - Goaes
VM 02
Goaes - Ponte da Barca
VM 03
Ponte da Barca - Soajo
VM 04
Soajo - Senhora da Peneda
VM 05
Sra da Peneda - Melgaço
Pontevedra
VM 06
Melgaço - Arbo - Parada de Achas
VM 07
Parada de Achas - A Franqueira - Lamosa - Covelo
VM 08
Covelo - Barciademera - Estacas/Bustelo
VM 09 - 10
Estacas - Aguasantas - Cotobade - Campo Lameiro
VM 11
Campo Lameiro - Milagros de Amil - Moraña - Cuntis
VM 12
Cuntis - Valga - MILAGROS de REQUIEN - Herbón - Padrón
A Coruña
VM 13
Padrón - Esclavitude - Teo
13A: Santiago de Compostela
13B: Padrón - Esclavitude - Teo - Los Angeles - Brión - Ponte Maceira
VM 14
14A: Santiago (13A) - Ponte Maceira (13B) - A Baña
VM 15
A Baña - Sta Comba - Zás
VM 16
Zás - Vimianzo
VM 17
Vimianzo - Muxía - Santuario da Barca